novo video de CCMA
Posted in Sen categorizar on 07/24/2011 01:41 a.m. by tropadetrapoXA ESTÁ AQUÍ O NOVO VÍDEO DE CCMA
Xa podedes ver en vídeo o resumo de Contos Coas Mans Abertas, o noso último espectáculo. Neste ano 2011 pasaremos por 42 concellos galegos coa nova xira do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dentro da campaña de sensibilización.
Video da Hora Azul
Posted in Sen categorizar on 07/23/2011 11:32 a.m. by tropadetrapo- NOVO VÍDEO DA HORA AZUL EN YOUTUBE
Aquí está o enlace do novo vídeo actualizado do noso espectáculo máis veterano : A Hora Azul.
Se non che funciona, fai clic aquí para ver o novo vídeo da Hora Azul en youtube
Entrevista RG
Posted in Sen categorizar on 07/21/2011 01:00 p.m. by tropadetrapo- ENTREVISTA NA RADIO GALEGA
O pasado martes 26 de Xullo, estivemos no programa Convivir en Igualdade da Radio Galega, para falar da nova xira de Contos Coas Mans Abertas, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Aquí podedes escoitar o fragmento da entrevista:
Novo vídeo
Posted in Sen categorizar on 07/20/2011 03:57 p.m. by tropadetrapo- NOVO VIDEO DA VIAXE DAS PALABRAS
Xa podedes ver o noso novo vídeo d»A Viaxe das Palabras», o noso espectáculo para público familiar. Son fragmentos da gravación do 25 de xullo en Castrovite (Orazo – A Estrada).
XIRA 2011 CCMA
Posted in noticias on 04/18/2011 01:46 p.m. by tropadetrapo
- NOVA XIRA DE CCMA CO FONDO GALEGO 2011
Xa está asinada e xa comezamos a concretar datas da NOVA XIRA DE CONTOS COAS MANS ABERTAS que organiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización.
Esta iniciativa comezou no 2010 e levounos por 20 concellos da Galiza. A experiencia foi moi positiva e agora ambas partes decidimos continuar o proxecto un ano máis, pero este ano chegando un pouco máis alá.
En total serán 42 actuacións ata fin de ano, que levarán CONTOS COAS MANS ABERTAS por toda a xeografía do país.
Para ver a páxina do espectáculo, preme aquí:
http://tropadetrapo.blogaliza.org/espectaculos/contos-coas-mans-abertas/
Entrevista en Voces con Fondo
Posted in Sen categorizar on 04/17/2011 02:18 p.m. by tropadetrapo- ENTREVISTA EN VOCES CON FONDO
Aquí tedes un fragmento da entrevista para o programa Voces con Fondo de AGARESO.
Para oíla, preme no seguinte mp3:
2 novos espectáculos infantís en breve
Posted in noticias on 04/17/2011 01:20 p.m. by tropadetrapo- 2 NOVOS ESPECTÁCULOS INFANTÍS EN BREVE
Entre os novos proxectos que temos entre mans (non paramos!) actualmente estamos a centrarnos na creación de 2 espectáculos infantís novos.
Ao igual ca na VIAXE DAS PALABRAS, son varios contos, breves e variados, participativos, e con música en directo. Traballaremos cun pouco máis de decorado, pero sempre dándolle o protagonismo á palabra e á imaxinación dos nenos e nenas (e mamás e papás tamén!) que se acheguen a escoitar uns contos.
Polo de agora, o que vos podemos adiantar é que, nestes novos espectáculos, están moi presentes o mundo do cine e da fotografía, e o encanto dos antigos cines ambulantes e fotógrafos de rúa.
.
Pronto teremos algunha imaxe e algo máis que adiantar!
mostra do espectáculo A HORA AZUL
Posted in 1 on 09/30/2008 08:37 p.m. by tropadetrapo
Vídeo do espectáculo A Hora Azul


