Os contos da Hora Azul

.

.

OS CONTOS:

.

..

LEILA 


.

Leila é unha historia de amor e de valentía. A historia dunha muller que se atreveu a facer o que ela cría nun tempo e nun lugar no que era difícil ser muller. Un amor, unha promesa e unha canción dan comezo a unha búsqueda que levará a Leila máis alá das areas do deserto de Alxeria.

.

.

SABELA

.

Sabela é moi parecida a Leila, decidida e con carácter. Pero o seu entorno é ben distinto: a Galiza de principios de s.XX, un marco de pobreza, miseria e emigración nunha aldea rural do Val Miñor. Pero estas amarguras fanse máis levadeiras cando chegan os días de festa, e todo o mundo se reúne no torreiro. Alí se cruzan as historias de Antón, Ramón e Sabela, entre bailes agarrados, o posto de churros de Doña Isaura e unha cámara de fotos imaxinaria.

.

.

MOHAMED

.

Mohamed é un rapaz que vive na rúa e domina a arte de buscar todo o que a xente perde, olvida ou tira. Da súa man percorreremos un mercado árabe, entre especias, cores e moita xente coas súas discusións. Este conto é unha versión dunha lenda árabe que fala da xustiza, da avaricia e do cheiro que teñen os cartos.

.

.

Se queres oír os instrumentos que acompañan a estes contos, preme aquí