Os instrumentos da Hora Azul

A MÚSICA:

Os instrumentos que empregamos neste espectáculo son os seguintes:

O CAIXÓN FLAMENCO feito por nós mesmos, de reciclaxe, sérvenos para comentar a necesidade de reutilizar e reciclar o refugallo. Tocámolo un pouquiño na introducción.

img_0556

A GUITARRA PORTUGUESA acompaña ó conto de Leila. Aínda que é o instrumento típico do fado, música culta portuguesa, e se toca coa uña, nós démoslle outro aire… Usámolo ó estilo do mondol alxerino, con púa. Non é unha relación tan tola como parece, xa que ambos os dous instrumentos teñen cousas en común: as cordas metálicas, dobres, a afinación da guitarra portuguesa (que é moi semellante á que empregan os árabes no laúde)…

Coa guitarra portuguesa interpretaremos unha peza inspirada na música Gnawa, popular no Magreb, que é un tipo de canto espiritual tribal, ás veces improvisado sobre unha base.

img_05841

Para oír a peza de guitarra portuguesa que acompaña a Leila, preme nesta ligazón ao soundcloud :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-hora-azul-guitarra

A DARBOUKA, instrumento de percusión árabe, de corpo metálico (que o diferencia do djembé, que é de madeira) e parche sintético.

img_0578

Para oír a darbouka, preme na ligazón :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-hora-azul-darbuka

As KARKABA, moi empregadas tamén na música Gnawa. Son coma unhas “castañuelas” dobres de metal.

img_0575

Para oír as karkaba, preme na ligazón :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-hora-azul-karkaba

O LAÚDE ÁRABE, o máis apreciado dos instrumentos árabes. Tamén un dos máis dificiles de tocar. Ten unha enorme tradición, tanto temporal como xeograficamente (dende Marrocos a Pakistán!) e unha grande cantidade de rexistros e matices. Adoitan ser verdadeiras xoias de artesanía e decoración.

img_0567

Para oír a peza de laúde árabe de Mohamed, preme na ligazón :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-hora-azul-ud-la-de-rabe

Estes tres últimos (darbouka, karkaba e laúde árabe) acompañan ó conto de Mohamed.

.

Se queres ver os contos da Hora Azul, preme aquí.

2 thoughts on “Os instrumentos da Hora Azul

  1. Pingback: A hora azul: obradoiro de contos con Tropa de Trapo.

  2. Pingback: BLOG DA BIBLIOTECA » Arquivo do blogue » A hora azul: obradoiro de contos

Comments are closed.