Os instrumentos da Viaxe das Palabras

A MUSICA :

Os instrumentos que utilizamos neste espectáculo son os seguintes :

O Hu-Lu-Shi, frauta chinesa de bordón dobre e Hu-Lu central. Ten un son característico debido ao tipo de palleta que emprega e á embocadura de cabaza (Shi).

Para oír cómo sona o Hu-Lu-Shi, preme nesta ligazón ao soundcloud :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-viaxe-das-palabras-hulushi

A DARBOUKA, instrumento de percusión árabe, de corpo metálico (que o diferencia do djembé, que é de madeira) e parche sintético.

Para oír a darbouka, preme na ligazón :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-hora-azul-darbuka

A FRAUTA DE LATA, moi típica en Irlanda, usámola no conto de Helena e a Tormenta

Para oír a frauta de lata, preme na ligazón :

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-viaxe-das-palabras-frauta-de

 

E a TORMENTA, que faremos entre todas e todos, con percusion corporal e instrumentos de refugallo que repartiremos entre o público.

A tormenta que faremos en vivo, soará como algo así…:

http://soundcloud.com/tropadetrapo/a-viaxe-das-palbras-tormenta

.

Se queres ver os contos da Viaxe das Palabras, preme aquí.